Saltar navegación

Materias primas

Xeralidades

Describen materias primas, principios activos e excipientes, compoñentes de fórmulas maxistrais tipificadas ou preparados oficinais. Todas responden á mesma estrutura e están codificadas cunha combinación de letras e números específica para cada substancia, diferenciando principios activos de excipientes.

Dúas letras, “FN” de formulario nacional/catro díxitos, correspondente ao ano/dúas letras, que indican o tipo de materia prima/tres números que numeran o procedemento. Así:

  • FN/****/PA/***, para materias primas.
  • FN/****/EX/***, para excipientes.

 

No apartado correspondente á calidade destas materias primas tómase como referencia, sempre que exista, a Real Farmacopea Española. No seu defecto outras farmacopeas como a francesa, a británica ou a americana. Se excepcionalmente a substancia non está descrita en ningunha farmacopea, aceptaranse as especificacións do propio fabricante, pero non se describirá a materia no Formulario Nacional.