Saltar navegación

Fitoterapia

Xeralidades

A fitoterapia é a parte da farmacognosia que se encarga do estudo de plantas con acción terapéutica.

As monografías correspondentes tratan sobre principios activos en fitoterapia e sobre preparados oficinais elaborados cos mesmos.

Ao igual que as monografías anteriores identifícanse cun código de letras e cifras.

Dúas letras, “FN” de formulario nacional/catro díxitos, correspondente ao ano/dúas letras, que indican se é un principio activo de fitoterapia ou un preparado oficinal de fitoterapia/tres números que numeran o procedemento. Así:

  • FN/****/PAF/***, para principios activos de fitoterapia.
  • FN/****/POF/***, para preparados oficinais de fitoterapia.