O Formulario Nacional
Claves
O Formulario Nacional é o libro oficial que contén, en forma de monografías, as fórmulas maxistrais tipificadas e os preparados oficinais recoñecidos como medicamentos, as súas categorías, indicacións e materias primas que interveñen na súa composición ou preparación, así como as normas de correcta elaboración e control de calidade daqueles.
Ademais das monografías descritas, o Formulario Nacional tamén inclúe toda a normativa legal relativa á formulación maxistral.
Enténdese por monografía, unha descripción especial dalgún aspecto científico, como materias primas, métodos de elaboración de formas farmacéuticas, procedementos normalizados de traballo de operacións básicas, etc.
Na actualidade o Formulario Nacional só é accesible online previa subscrición. Todas as oficinas de farmacia e servizos farmacéuticos que elaboran fórmulas maxistrais e preparados oficinais deben dispor de acceso ao Formulario Nacional.

Estrutura do Formulario Nacional
O Formulario Nacional está regulado pola Orden SSI/23/2015, de 15 de enero, por la que se aprueba la quinta edición de la Real Farmacopea Española y la segunda edición del Formulario Nacional.
ESTRUTURA DO FORMULARIO NACIONAL: Este libro está organizado en seis apartados:
- Presentación
- Abreviaturas
- Guía para el uso de las monografías
- Marco xurídico, onde se recolle toda a lexislación que regula a formulación maxistral.
- Monografías, coa descripción detallada dos aspectos científicos concretos que estuda o FN.
- Procedementos Normalizados de Traballo
- Monografías de materias primas
- Monografías de fórmulas maxistrais tipificadas e de preparados oficinais
- Fitoterapia
- Bibliografía